NUESTRA FIESTA PIRATA EN LA PRENSA 31/08/2010
A concelleira socialista María López visitou onte ós rapaces, que celebraban os últimos días doverán cunha festa pirata. Ademais de vestirse con traxes feitos por eles nos días previos, os nenos aproveitaron o bo tempo para buscar un tesouro ó aire libre. Tamén empregaron escenarios con deseño propio para desenvolver esta actividade. A edila subliñou o carácter didáctico deste campamento urbano, que se suma ó que se celebrou durante o mes de xullo no Carvalho Calero, dirixido este último a rapaces de maior idade.
Unha das claves do éxito desta ludoteca foi a súa ampla marxe horaria –entre as 9.30 e as 14.00 horas– e o feito de que non esixise inscrición previa. Só se precisaba acudir cos nenos ó edificio do Cantón. Esta flexibilidade favoreceu a conciliación da vida laboral e familiar, un dos principais obxectivos desta iniciativa. Desde o goberno local destacan ademais o feito de ofrecer propostas de ocio que eran tamén educativas, guiadas por monitores especializados no traballo con nenos de curta idade.
0 comentarios:
Publicar un comentario